08/12/2010

primavera en ouzande

as actividades de primavera nun cartel

lumeiro

outro que se converteu nun clásico...este foi o primeiro

unha noite no muíño

unha das ilustracións que máis triunfaron...
A partir do terceiro ano, o cartel anunciador dos cursos de música e baile tradicional ten como base unha fotografía antiga... A primeira, unha foto de Ruth Anderson

antroido dinámico

No antroido en Ouzande imos pola parroquia adiante disfrazados en tractor engalanado para a ocasión... quixen reflectir este carácter "dinámico"  nun dos carteis.....

antroido panton

Naquela época eu acababa de visitar unha exposición de Verner Panton na Barrié da Coruña.... Disfracei os macacos cun "estampado" inspirado nalgún tecido deseñado por Panton... Aínda me gusta

xogos acuáticos

Para o cartel dos xogos acuáticos de agosto de 2002 ocorréuseme utilizar unha foto do meu sobriño Manu xogando cun patiño de goma nunha bañeira...

05/12/2010

curso de iniciación á educación canina

 
cando descubrín a Impact...

viaxe a allariz

En maio de 2002 preparábase a excursión a Allariz, e Xabier de Camba, daquela secretario da AFOU, suxeriume, na cociña da casa dos meus pais, que fixera un debuxo dun autobús... Eu deille voltas e supoño que me pareceu máis sinxelo debuxar unha especie de billete, tomando como referencia un billete de metro que conservaba por aí, e que escaneei co HP que acababa de mercar....

Non recordo por qué enviei o arquivo de corel só coa imaxe do billete, e Xabier rematou o cartel poñéndolle el o texto coa información, como xa fixera no cartel do antroido...

antroido 2002

o primeiro cartel

O primeiro cartel para a primeira actividade da fervenza de ouzande, xogos populares para pequenos e maiores, no verán de 2001, sen idea de photoshop nin ningún programa de deseño gráfico. 

Fixen o debuxo co rotulador sobre unha cartulina A3 rugosa, coloreei con lápices acuarelables e diluín un pouco o fondo con auga, escribín o texto como puiden e leveillo a Sindo para facer fotocopias a cor... Co comenzo do novo curso inscribinme nun curso de deseño gráfico na Escola de Imaxe e Son...