05/12/2010

viaxe a allariz

En maio de 2002 preparábase a excursión a Allariz, e Xabier de Camba, daquela secretario da AFOU, suxeriume, na cociña da casa dos meus pais, que fixera un debuxo dun autobús... Eu deille voltas e supoño que me pareceu máis sinxelo debuxar unha especie de billete, tomando como referencia un billete de metro que conservaba por aí, e que escaneei co HP que acababa de mercar....

Non recordo por qué enviei o arquivo de corel só coa imaxe do billete, e Xabier rematou o cartel poñéndolle el o texto coa información, como xa fixera no cartel do antroido...