05/12/2010

o primeiro cartel

O primeiro cartel para a primeira actividade da fervenza de ouzande, xogos populares para pequenos e maiores, no verán de 2001, sen idea de photoshop nin ningún programa de deseño gráfico. 

Fixen o debuxo co rotulador sobre unha cartulina A3 rugosa, coloreei con lápices acuarelables e diluín un pouco o fondo con auga, escribín o texto como puiden e leveillo a Sindo para facer fotocopias a cor... Co comenzo do novo curso inscribinme nun curso de deseño gráfico na Escola de Imaxe e Son...